EXPERIENCIAS · COMEZAR
O teu primeiro obradoiro en Slowly Atelier

Escolle algo que che apeteza
Pode que che chame a atención unha lámpada de papel, que queiras aprender a gravar un selo ou que leves meses pensando en volver pintar. Non fai falta escoller a técnica que parece máis fácil. Escolle a que che dea ganas de pasar un par de horas practicando. Os obradoiros de iniciación están pensados para que poidas comezar sen telo feito antes.
Un plan con algo máis
En Slowly Atelier buscamos lugares con algo especial e, sempre que se pode, próximos á natureza. Traballamos en grupos reducidos para poder acompañar o proceso e conversar. Na maioría das experiencias hai tamén algo para picar ou degustar. Importa o que aprendes, pero tamén o sitio, a compañía e poder gozar dese tempo sen correr.
Podes vir pola túa conta
Si, podes reservar unha soa praza. Tamén podes traer a alguén e reservar varias á vez. Non necesitas reunir un grupo para asistir a un obradoiro aberto. Se queres organizar unha celebración ou unha experiencia para o teu equipo, ese é outro formato: escollemos unha proposta para vós e acordamos data, lugar e condicións antes de reservar.
Que convén comprobar
Le a descrición do obradoiro: data, duración, lugar, materiais e que está incluído. Se vas vir con crianzas, necesitas consultar a accesibilidade ou queres saber en que idioma se impartirá, coméntao antes de reservar. As crianzas son benvidas na maioría de eventos; a forma de participar ou acompañarte depende da actividade, o espazo e as ferramentas.
Que levas contigo
Nas propostas de creación, levas unha peza feita por ti: unha lámpada, un reloxo, unha tea estampada, uns pendentes ou unha pintura. En sketching, o traballo queda no teu caderno. Cada técnica ten os seus pasos e o seu acabado, que se explican na ficha. Podes escoller unha data na axenda e reservar as túas prazas pola canle que indique ese obradoiro.