A volta ao mundo
Collage · origami · marcapáxinas
Unha viaxe creativa a través do papel, das formas, das cores e dos libros. Unha proposta para achegarse á creación desde a curiosidade e construír unha peza propia.
BIBLIOTECAS · CASAS DA CULTURA
Tres obradoiros de Slowly Atelier incluídos en Ler Conta Moito, para conectar libros, viaxes, imaxinación e creación.
Collage · origami · marcapáxinas
Unha viaxe creativa a través do papel, das formas, das cores e dos libros. Unha proposta para achegarse á creación desde a curiosidade e construír unha peza propia.
Gravado · selos · ex libris
Deseñamos, gravamos e estampamos. Unha aproximación ao mundo do libro desde a creación artística, explorando como un pequeno motivo pode converterse nun selo persoal.
Do caderno ao blog
Unha proposta que une escritura, imaxe, fotografía e creación para explorar como podemos transformar unha experiencia nunha historia. Observar, seleccionar e darlle forma ao que queremos contar.
As propostas pódense consultar para bibliotecas e casas da cultura a través de Ler Conta Moito. Antes de pechar unha data, concretamos público, formato, materiais e necesidades do espazo segundo a ficha e a canle do programa.
Se buscas outra temática ou unha actividade fóra do programa, tamén podemos preparar unha proposta á medida para o voso centro.
A contratación e as condicións dos obradoiros seguen o procedemento correspondente ao programa Ler Conta Moito.
PARA O TEU PRÓXIMO EVENTO
Cóntanos para quen buscas a experiencia e enviarémosche as propostas para marcas e equipos, celebracións ou programación cultural.
XA CREAMOS XUNTOS
Dos obradoiros de Ler Conta Moito ao origami en La Balastrera ou á pintura ao aire libre en Barreiros.
Ver experiencias anteriores ↗