AS EXPERIENCIAS
Escolle a túa forma
de crear.
Papel, tinta, cor e unha mirada curiosa. Experiencias para achegarte a unha técnica e gozar dun tempo compartido.

Papel e luz
Lámpadas de origami
O papel transfórmase nunha peza luminosa a través do pregado. Un encontro para traballar coas mans e levar unha creación propia.
Descubrir a experiencia ↗
Gravado e estampación
A túa pegada sobre tea
Deseña un motivo, explora o gravado e descubre como se repite sobre unha tote bag ou un soporte téxtil.
Descubrir a experiencia ↗
Cor e materia
Xoiería creativa
Combina formas e cores para crear pequenas pezas de xoiería en arxila polimérica.
Descubrir a experiencia ↗
Pintura acrílica
Unha pausa en cor
Pintar, conversar e explorar unha paleta sen a esixencia de obter un resultado perfecto.
Descubrir a experiencia ↗parar
debuxar.
Debuxo e paseo
Sketch & walk
Un caderno para observar, debuxar e gardar pequenos detalles da paisaxe e da vida cotiá.
Descubrir a experiencia ↗Como son os encontros?
Unha pausa acompañada
Inma guía o proceso e axúdache a explorar os materiais. Cada grupo ten o seu propio ritmo.
Unha peza propia
Nos obradoiros de creación traballas nunha peza que podes levar contigo. A proposta concreta detállase en cada ficha.
Unha ficha clara
Consulta prezo, duración, materiais, localización e destinatarios antes de reservar. Non todos os encontros teñen o mesmo formato.
Apetéceche probar?
Escolle unha data na axenda ou cóntame que che gustaría organizar.