Papel e luz
Lámpadas de origami
O papel transfórmase nunha peza luminosa a través do pregado. Un encontro para traballar coas mans e levar unha creación propia.

Do plano ao volume
Escollemos e traballamos o papel para explorar como o pregado crea volume. O proceso combina atención, repetición e descubrimento.
A ficha do obradoiro indica o modelo, os materiais e o sistema de iluminación incluído, se o hai. Para conservar a peza, evita humidade e fontes de calor e segue as indicacións do sistema de luz.
Que podes explorar
- Explorar o papel e as súas posibilidades
- Construír unha peza paso a paso
- Levar a túa lámpada de origami
Antes de reservar
Comproba duración, lugar, prezo final, materiais incluídos e idade recomendada. Se necesitas algunha adaptación, escríbeme para valorar o obradoiro e o espazo concretos.
Buscar próxima data ↗Apetéceche probar?
Escolle unha data na axenda ou cóntame que che gustaría organizar.
PRÓXIMO ENCONTRO · A CORUÑA
Origami en Yutori
18 de outubro · 11:00. Prezo, materiais e prazas dispoñibles na ficha de Ticket Tailor.
A compra integrada utiliza Ticket Tailor e só se carga cando a solicitas.

PAPEL, LUZ E TEMPO PARA TI
Unha peza que segue contigo.
Uns pregamentos, unha mesa compartida e unha lámpada que podes levar á casa. Consulta os materiais e detalles de cada obradoiro.
Atopar un obradoiro de origami ↗
Unha folla de papel, uns pregamentos e unha luz que levas á casa.