Slowly Atelier
ESGLEN

GALICIA · OCCIDENTE ASTURIANO

Baixa o ritmo.
Crea algo teu.

Experiencias creativas en Galicia e no occidente asturiano. Grupos reducidos, lugares especiais e tempo para crear sen présas.

Practica unha técnica con acompañamento, comparte un momento agradable e leva á casa algo feito por ti. Podes vir pola túa conta, con alguén ou reunir o teu grupo para unha experiencia privada.

Sen experiencia previa · Sesións acompañadas · Materiais segundo cada proposta

Inma sostendo unha lámpada de origami amarela
Pequenas pausas. Pezas con historia.
PAPEL E LUZ ✳ GRAVADO E ESTAMPACIÓN ✳ DEBUXO E PASEO ✳ COR E MATERIA

ATOPÁMONOS AQUÍ

Horarios da España peninsular. Consulta prezo e prazas dispoñibles ao reservar.

EXPERIENCIAS PARA COMPARTIR

Unha experiencia
para a túa xente.

Para un equipo, unha celebración ou unha programación cultural. Escollemos unha técnica e adaptamos a experiencia ao voso grupo.

EQUIPOS · CELEBRACIÓNS · ESPAZOS CULTURAIS

Buscas un plan
para o teu grupo?

Recibe o dossier coas experiencias para a vosa ocasión.

Quero recibir o dossier ↗

AS EXPERIENCIAS

Que che apetece
crear?

Atopa as túas experiencias: origami, gravado e estampación, sketching, xoiería e pintura.

Cartel de lámpadas de origami01 / PAPEL

Origami e luz

Aprende a pregar o papel e crea unha peza decorativa: unha lámpada ou un reloxo de origami.

Descubrir origami ↗
Cartel de gravado e estampación02 / PEGADA

Gravado e estampación

Deseña os teus motivos, grava un selo e estampa sobre papel ou téxtil.

Ver estampación ↗
Pendentes de cores04 / COR

Xoiería e pintura

Xoga con cores, formas e materiais para crear pezas feitas por ti.

Descubrir xoiería ↗

UN REGALO QUE SE VIVE

Menos cousas.
Máis tempo para crear.

Reserva prazas nun obradoiro con data ou regala unha experiencia para que esa persoa escolla cando vir.

Comprar bono de 50 € ↗
Como funciona o bono ↗
Slowly AtelierRegala unha
experiencia creativa.

BONO REGALO

PEZAS QUE ACOMPAÑAN

Slowly Atelier,
na casa.

A tenda de Slowly Atelier

Proximamente.

UNHA PAUSA CON RAÍCES

Creatividade,
con raíces
en Galicia.

Slowly Atelier reúne creatividade, boa compañía e lugares nos que apetece pasar un momento agradable. Sen correr e con tempo para gozar do proceso.

Traballamos desde A Mariña Lucense e o Barbanza, con obradoiros por Galicia e o occidente asturiano. Buscamos espazos con algo especial e, sempre que é posible, preto da natureza.

Son Inma, viaxeira, nai e aprendiz de artesá. Despois de anos dedicada ás viaxes, comecei a buscar outra forma de explorar: máis preto, coas mans e compartindo o que vou aprendendo.

De onde vén Slowly ↗

ASÍ SE VIVE SLOWLY

Unha experiencia coidada.
Espazo para gozala.

Comeza aquí.

Escolle algo que che apeteza probar: pregar unha lámpada, gravar un selo ou estrear un sketchbook. O obradoiro dáche o tempo, os materiais e a axuda para poñerte con iso.

Un bo plan.

Grupos reducidos e espazos con algo especial, preto da natureza sempre que se pode. Na maioría de experiencias tamén compartimos algo para picar ou degustar.

Lévalo á casa.

Unha lámpada, un reloxo, uns pendentes, unha lámina ou unha tea estampada. Algo feito por ti que, ao velo despois, che recordará ese encontro.

Resolve as túas dúbidas antes de vir ↗

O BLOG DE SLOWLY

Ideas para baixar o ritmo.

NO ATELIER

Papel, tinta, cor.
Así se vive Slowly Atelier.

SEGUE O RITMO DE SLOWLY

Non perdas
os próximos obradoiros.

En Instagram compartimos os obradoiros e o que pasa en Slowly Atelier. Na canle de WhatsApp avisámoste cando abrimos novas datas para reservar.

GALICIA, E UN POUCO MÁIS ALÁ

Os obradoiros,
no mapa.

Con base en A Mariña Lucense e o Barbanza, levamos as experiencias a distintos lugares de Galicia e o occidente asturiano.

Un atelier que se move

A Mariña Lucense · o Barbanza
Galicia · o occidente asturiano

Ao abrilo cárganse os mapas de OpenStreetMap.

Onde podes vir.

✺ A Mariña Lucense
✺ O Barbanza

Escoller o meu próximo obradoiro ↗

FALEMOS

Que che gustaría organizar?

Para obradoiros, bonos, pezas ou unha proposta no teu espazo.

Responsable: Inma Gregorio. Usamos os teus datos para responder e rexistrar a túa consulta na nosa lista privada de contactos; novidades só se as solicitas. Dereitos e máis información en privacidade.

Responderémosche ao email que nos deixes.