SLOWLY ATELIER · ORIXE
De viaxar lonxe a crear preto

A curiosidade segue aí
Percorrín 65 países e levo anos compartindo viaxes en A World to Travel. Ese traballo permitiume coñecer lugares, contar historias e acompañar grupos. Ségueme gustando viaxar. O que cambiou é o ritmo e o lugar que ocupan outras cousas na miña vida, especialmente desde que son nai.
Comezar preto da casa
Quería seguir aprendendo e explorando, pero tamén ter máis tempo preto da casa. O debuxo, o papel e os materiais foron entrando no meu día a día. Non cheguei con todas as técnicas aprendidas nin cun plan perfecto. Sigo sendo aprendiz de artesá: probo, fórmome e vou dando forma ao que quero compartir nos obradoiros.
Que recolle Slowly Atelier das viaxes
Preparar unha experiencia ten moito que ver con escoller ben un lugar, pensar nas persoas que van vir e coidar os detalles. Esa parte conecta coa miña traxectoria en turismo e marketing. En Slowly Atelier aplícoa a encontros creativos: un espazo agradable, unha técnica para practicar, boa compañía e un ritmo relaxado.
Con raíces en Galicia
As bases están en A Mariña Lucense e o Barbanza. Os obradoiros móvense por Galicia e o occidente asturiano, en colaboración con espazos, bibliotecas, asociacións e outras persoas. Sempre que é posible, buscamos unha conexión coa natureza. Cada lugar ofrece posibilidades distintas para debuxar, crear ou pasar un momento agradable.
Que haxa sitio para a vida real
A conciliación tamén forma parte disto. Na maioría de eventos as crianzas son benvidas, aínda que hai que falar da actividade, as idades e o espazo para atopar a forma de vir. Interésame que Slowly Atelier sexa unha proposta coidada e próxima, que dea ganas de reservar e que poidas gozar sen ter que encaixar nunha idea de persoa creativa.