Debuxo e paseo
Sketch & walk
Un caderno para observar, debuxar e gardar pequenos detalles da paisaxe e da vida cotiá.

Unha maneira de mirar preto
Un sketchbook é un caderno que pode reunir debuxos, notas e manchas de cor. Non necesita páxinas perfectas: o seu valor está no que decides gardar.
Nos encontros de paseo e debuxo observamos as proximidades e facemos pausas para rexistrar detalles. O percorrido, os materiais e a alternativa por chuvia confírmanse en cada ficha. Yoga & sketchbook é un formato específico; non todos os encontros inclúen ioga.
Que podes explorar
- Observar detalles que adoitan pasar desapercibidos
- Comezar ou continuar o teu caderno
- Debuxar sen esixir un resultado perfecto
Antes de reservar
Comproba duración, lugar, prezo final, materiais incluídos e idade recomendada. Se necesitas algunha adaptación, escríbeme para valorar o obradoiro e o espazo concretos.
Buscar próxima data ↗Apetéceche probar?
Escolle unha data na axenda ou cóntame que che gustaría organizar.
25 DE OUTUBRO · RIBADEO
Yoga & sketchbook
en O Carboeiro.
A mañá comeza con ioga. Despois, sobre as 11, compartiremos un petisco e, se o tempo acompaña, sairemos camiñar polas proximidades e faremos pausas para explorar o caderno.
40 € · ioga, petisco e obradoiro de sketchbook. As reservas xestiónanse directamente con O Carboeiro.
Reservar en O Carboeiro ↗