Slowly Atelier
ESGLEN

ANTES DE VIR

Todo un pouco
máis claro.

Información para escoller a túa experiencia e preparar o encontro.

Necesito experiencia previa?

As propostas de iniciación están pensadas para achegarte á técnica con acompañamento. Consulta o nivel indicado en cada ficha.

Que materiais están incluídos?

A ficha de cada obradoiro especifica materiais, ferramentas e soporte. Non todos os formatos inclúen o mesmo; revisa tamén se necesitas traer algo.

Podo vir sen compañía?

Si. Podes reservar unha praza individual nos obradoiros abertos e compartir a experiencia co grupo.

Podo vir con crianzas?

As crianzas son benvidas na maioría de encontros. Son nai e impórtame que a creatividade poida convivir coa conciliación. Nalgúns obradoiros poden participar contigo; noutros, poden acompañarte e entreterse con algo mentres ti creas. Coméntamo antes para encaixalo coa actividade, o espazo e as ferramentas. Hai formatos concretos que non se prestan, pero a conversa comeza con ganas de facelo posible.

Onde se celebran?

En distintos espazos de Galicia e do occidente asturiano. O lugar e o enderezo concreto deben consultarse na ficha de inscrición.

Como reservo?

Preme «Reserva as túas prazas» na axenda. Cada obradoiro indica onde se fai a inscrición: aquí, en Ticket Tailor ou directamente co espazo que o organiza.

Que ocorre se non podo asistir?

As entradas con data non teñen devolución por cancelación ou non asistencia. Se Slowly Atelier cancela, tamén por falta de prazas mínimas, podes escoller outra experiencia ou a devolución. Consulta as condicións de compra antes de reservar.

E se chove nun encontro de debuxo?

Cada encontro indica a súa alternativa se chove. Consulta a descrición desa data ou escríbenos antes de reservar se necesitas saber como se adaptará o paseo.

Hai bonos regalo?

Véndense por temporadas a través de Ticket Tailor. A campaña de Nadal 2026 remata o 6 de xaneiro de 2027 incluído. Duran 6 meses desde a compra e serven para calquera obradoiro de Slowly Atelier con prazas, sexa cal sexa a localización. Se custa máis, aboas a diferenza. Non se trocan por diñeiro nin artigos; respéctanse os dereitos legais aplicables. Coñece os bonos regalo ↗

Vendedes artigos e facedes envíos?

A tenda estará dispoñible proximamente.

Podedes vir ao noso espazo?

Si, pódense propoñer experiencias para grupos. Envía localidade, data, idades e número de persoas para preparar unha proposta.

Como me informo de novas datas?

Segue Instagram ou únete á canle de difusión de WhatsApp. A axenda recolle as datas publicadas e a billeteira indica a súa dispoñibilidade actual.

Apetéceche probar?

Escolle unha data na axenda ou cóntame que che gustaría organizar.