01 / PAPELOrigami e luz
Aprende a pregar o papel e crea unha peza decorativa: unha lámpada ou un reloxo de origami.
Descubrir origami ↗GALICIA · OCCIDENTE ASTURIANO
Experiencias creativas en Galicia e no occidente asturiano. Grupos reducidos, lugares especiais e tempo para crear sen présas.
Practica unha técnica con acompañamento, comparte un momento agradable e leva á casa algo feito por ti. Podes vir pola túa conta, con alguén ou reunir o teu grupo para unha experiencia privada.
Sen experiencia previa · Sesións acompañadas · Materiais segundo cada proposta

ATOPÁMONOS AQUÍ
Horarios da España peninsular. Consulta prezo e prazas dispoñibles ao reservar.
EXPERIENCIAS PARA COMPARTIR
Para un equipo, unha celebración ou unha programación cultural. Escollemos unha técnica e adaptamos a experiencia ao voso grupo.
Lámpadas ou reloxos de origami, gravado e estampación, pintura… Unha experiencia para compartir co teu equipo ou dar vida a un evento de marca.
Descubre as experiencias para equipos ↗02 / PARTICULARESReúne a túa xente. Escollemos unha experiencia e pechamos materiais, duración e orzamento antes de reservar.
Preparar o meu encontro ↗03 / CULTURA E COMUNIDADEPropostas incluídas no catálogo de Ler Conta Moito ou deseñadas á medida para a vosa programación.
Explorar as propostas ↗04 / PROGRAMACIÓNUnha actividade puntual ou unha temporada de encontros para achegar a creación á vosa comunidade.
Consultar programación ↗AS EXPERIENCIAS
Atopa as túas experiencias: origami, gravado e estampación, sketching, xoiería e pintura.
01 / PAPELAprende a pregar o papel e crea unha peza decorativa: unha lámpada ou un reloxo de origami.
Descubrir origami ↗
02 / PEGADADeseña os teus motivos, grava un selo e estampa sobre papel ou téxtil.
Ver estampación ↗
03 / MIRADAUn caderno, unha pausa e outra forma de mirar o que tes preto.
Ver encontros de sketching ↗
04 / CORXoga con cores, formas e materiais para crear pezas feitas por ti.
Descubrir xoiería ↗UN REGALO QUE SE VIVE
Reserva prazas nun obradoiro con data ou regala unha experiencia para que esa persoa escolla cando vir.
Como funciona o bono ↗BONO REGALO · PROXIMAMENTE
PEZAS QUE ACOMPAÑAN
Proximamente.
UNHA PAUSA CON RAÍCES
Slowly Atelier reúne creatividade, boa compañía e lugares nos que apetece pasar un momento agradable. Sen correr e con tempo para gozar do proceso.
Traballamos desde A Mariña Lucense e o Barbanza, con obradoiros por Galicia e o occidente asturiano. Buscamos espazos con algo especial e, sempre que é posible, preto da natureza.
Son Inma, viaxeira, nai e aprendiz de artesá. Despois de anos dedicada ás viaxes, comecei a buscar outra forma de explorar: máis preto, coas mans e compartindo o que vou aprendendo.
De onde vén Slowly ↗ASÍ SE VIVE SLOWLY
Escolle algo que che apeteza probar: pregar unha lámpada, gravar un selo ou estrear un sketchbook. O obradoiro dáche o tempo, os materiais e a axuda para poñerte con iso.
Grupos reducidos e espazos con algo especial, preto da natureza sempre que se pode. Na maioría de experiencias tamén compartimos algo para picar ou degustar.
Unha lámpada, un reloxo, uns pendentes, unha lámina ou unha tea estampada. Algo feito por ti que, ao velo despois, che recordará ese encontro.
O BLOG DE SLOWLY
Que levar, por onde comezar e como usar o debuxo, as palabras e o collage para recordar un paseo ou unha viaxe.
Ler o artigo ↗EXPERIENCIAS · COMEZARQue ocorre nun obradoiro de Slowly Atelier e como escoller entre papel, estampación, xoiería, pintura ou sketching.
Ler o artigo ↗PAPEL · PROCESOComo se fai unha lámpada de origami e que vas practicar durante o obradoiro. Papel, pregamentos e unha peza para a túa casa.
Ler o artigo ↗NO ATELIER




SEGUE O RITMO DE SLOWLY
En Instagram compartimos os obradoiros e o que pasa en Slowly Atelier. Na canle de WhatsApp avisámoste cando abrimos novas datas para reservar.
GALICIA, E UN POUCO MÁIS ALÁ
Con base en A Mariña Lucense e o Barbanza, levamos as experiencias a distintos lugares de Galicia e o occidente asturiano.
A Mariña Lucense · o Barbanza
Galicia · o occidente asturiano
Ao abrilo cárganse os mapas de OpenStreetMap.
✺ Bases · ● Obradoiros. Os puntos sinalan localidades, non o enderezo exacto de cada espazo.
FALEMOS
Para obradoiros, bonos, pezas ou unha proposta no teu espazo.